Arquitectura relixiosa

IGREXA DE SANTA CRUZ DA RETORTA

A Igrexa de Santa Cruz da Retorta ten un valor único, aínda que non destaque a simple vista. Aínda conserva a nave e a ábsida, ambas rectangulares. Durante a súa historia sufriu reformas, por exemplo para a ampliación do presbiterio, aínda que a causa disto se perdeu un arco románico. Na ábsida ten unha ventá cun arco de medio punto. Tamén ten dúas portas, nunha das cales (a principal) ten un tímpano cunha imaxe de Xesús gravada na pedra. No interior ten numerosas imaxes coma a de San Roque, a dunha virxe ou a de Xesús crucificado.